26/02/18

Homenaxe a Forges



Antonio Fraguas 'Forges' morreu o pasado 22 de febreiro. A súa figura é unha das máis importantes como viñetista na España dos últimos 40 anos. A través dos seus debuxos podemos facer un repaso, sempre irónico, crítico e comprometido, pola situación social, económica e política que nos rodeou nestas xa máis de catro décadas.

Para homenaxear a Forges e contribuír a divulgar a súa obra, empapelaremos o instituto cunha selección das súas viñetas, para que todas e todos poidamos continuar aprendendo coa súa sutileza crítica, co seu sarcasmo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario