Como sabedes, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Con motivo desta data, a Bibliotrega, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e Igualdade e Convivencia do IES A Sangriña convocan de xeito conxunto un concurso de ilustración, co obxectivo de converter os deseños gañadores en adhesivos que se repartirán posteriormente entre toda a comunidade educativa. A continuación deixámosvos as bases deste concurso e animámosvos a todos e todas a participar.
As bases do concurso serán
as seguintes:
1. O concurso está dirixido
a todos os alumnos e alumnas do IES A Sangriña, e estará dividido en dúas
categorías:
A. Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
B. Alumnado de 4º da ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos.
2. Cada alumno ou alumna
pode presentar unha ilustración orixinal, en tamaño A4, que inclúa un lema
propio ou dalgunha muller ou home coñecidos polo seu activismo a prol da
igualdade de mulleres e homes (débese citar ao autor/a da cita, poema,
fragmento…). As ilustracións vencedoras serán convertidas en pegatinas, que se
repartirán entre a comunidade educativa.
3. O prazo para a
presentación de traballos será do 12 ao 21 de novembro. Deberán entregarse ás
profesora Beatriz Núñez, María Carneiro ou Gisela González, indicando no dorso
da ilustración nome e curso do autor/a.
4. Premios: o gañador ou
gañadora de cada unha das categorías recibirá un vale agasallo por valor de 50€
que poderá canxear nunha libraría de A Guarda ou nunha tenda de deportes.
5. Entrega de premios: luns
26 de novembro de 2018 ás 12:00 na Bibliotrega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario