09/05/11

LOIS PEREIRO NA BIBLIOTREGA.......


Esta fotobiografía da mostra dalgúns dos seus textos, de fotografías, documentos e, xaora,  mercé ao rescate deses rexistros sonoros que conteñen interpretacións musicais de pezas literarias saídas da man dos protagonistas dos volumes, entrevistas, recitais, etc.»

Escolma poética da obra de Lois Pereiro, autor a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2011
Cunha introdución na que o poeta Daniel Salgado propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro, esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario.
Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso.
   


Literatura urbana ambienta-da nos espazos públicos (rúas, trens, metro, bares...) coma as películas de David Lean e Win Wenders. A linguaxe do cine vén suplir, desta maneira, aquilo que resulta indescritible na escrita e mostra o que sucede no labirinto da cidade».





O xornalista Iago Martínez aborda a biografía dun autor tan admirado como descoñecido, e faino dende a complicidade, cunha prosa áxil e directa, combinada cun minucioso labor de documentación. As súas páxinas adéntranse, con rigor e sensibilidade, no universo persoal de Lois Pereiro e ofrece claves culturais e literarias fundamentais para interpretar a súa poesía.


A autora focaliza a Lois Pereiro entendido como unha totalidade  relacionando co seu tempo e  co noso tempo.




O  poemario é unha dura e espida obra na que se fai patente as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e a certos trazos da contracultura.




Despois do seu primeiro e anterior libro, poemas 1981/1991, con poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, Lois Pereiro reafírmase na voz independente, vital, distinta, que xa coñeciamos, pero incrementando o ritmo, axilidade. Unha poesía para a experiencia, para a emoción

 
A lóxica do seu pensamento é inapelable. L. Pereiro estaba claramente da parte dos que intentaban non contribuír a esa rolda universal opresiva e maldita e mesmo nos propón armas para a loita: dinamita contra os seus futuros disfraces, ironía contra os seus enganos publicitarios. O Amén final desta pequena alfaia en forma de ensaio confirma de xeito solemne a vontade de non ser cómplice do que nos indigne ou avergoñe.
A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos días na Coruña, cando intentaba vivir onde o vento sopraba. A familia, os amigos, a paixón, a escrita artellan este emocionante relato miniado con agarimo e admiración polo escritor Marcos Calveiro.



Esta obra nace con vontade de ser unha biografía divulgativa, polo tanto aberta e accesible para todos cuxa lectura permita tirar unha imaxe global de Lois
Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á "pálida beleza da morte prematura". Nun milimetrado puzzle de sentimentos e situacións, o autor mostra a súa extraordinaria e incisiva capacidade de observación como preciso analista da condición humana. Esta edición inclúe tamén un relato baseado na novela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario