24/10/11

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


ADIVIÑA DE QUEN SON ESTES TEXTOS????

TEXTO 1


MUCHOS PASOS
Los iconos fueron puestos en tierra con el rostro hacia arriba
y la tierra fue pisada
por ruedas y zapatos, por mil pasos,
por diez mil pesadas pisadas de escépticos.
En el sueño bajé a una pileta fosforescente, subterránea,
una misa efervescente
¡Qué deseo fuerte! ¡Qué esperanza idiota!
Y sobre mí la pisada de millones de escépticos.
POSTLUDIO
Me arrastro como un garfio sobre el fondo del mundo.
Se engancha todo lo que no necesito.
Cansada indignación, resignación ardiente.
Los verdugos traen piedras. Dios escribe en la arena.
Silenciosas estancias.
Los muebles, listos para volar en el claro de luna.
Avanzo silencioso hacia mis adentros
a través de un bosque de vacías armaduras.


TEXTO 2

Por amainala conciencia guindéi co meu tiduo de médico no fondo dunha gabeta, e busquéi outra maneira de me valer. As xentes non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requerídolos meus servizos.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Doume as "boas noites" e rompéu a chorar, e por antre os saloucos saíanlle verbas tan estruchadas que somentes logróu decirme que tiña un fillo a morrer.
O probe pai turraba por min, i eu deixábame levar, enfeitizado pola súa door. Dispóis de todo eu era médico tiduado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de complacelo que sentín xurdir nos meus adentros unha gran cencia…
Cando chegamos á casa de Melchor logréi arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeséille que sabía pouco da carreira…
—Repara que fai moitos anos que non visito enfermos.
I entón Melchor, facendo un esforzo, díxome quedamente:
—O meu fillo xa non precisa de médicos. Eu xa sei que o coitado non pasa da noite. E váiseme, señor; váiseme e non teño ningún retrato seu!
Ai, eu non fora chamado como médico; eu fora chamado como retratista, e no intre sentín ganas acedas de botarme a rir.
E por verme ceibe de xeira tan macabra díxenlle que unha fotografía era mellor que  un deseño, aseguréille que de noite se poden facer fotografías, e botando man de moitos razonamentos logréi que Melchor largase de min á cata dun fotógrafo.

TEXTO 3
Cando abrín o caixón da esquerda, comprobei que a miña busca finalizará. Alí, gardadas nun coqueto álbum de tapas dun vermello decolorado, estaban as fotos que amosaban a vida da avoa
Rosalía antes de casar. Fotos de familia, cos que debían ser seus pais e irmáns, fotos con grupos;
de amigas, e tamén fotos individuais, a maioría retratos dos que antes se chamaban «de estudio». E si, contemplalas supúxome unha conmoción, coma se de repente alguén me tras ladase no tempo , me arranxase con outras roupas e outro peiteado e me deixase diante do ollo voraz da cámara.
Foi como verme nun espello, só que o espello reflectía outra vida distinta. Aqueles ollos eran os meus, e tamén a boca, e o óvalo da cara. A expresión podía ser diferente, pero Sebastián tiña razón. Os azares xenéticos fixeran de min unha copia física case exacta da miña avoa Rosalía. Era estraño recoñecerme naquelas fotos dun tempo pasado, pois tendemos a pensar que somos únicos e irrepetibles. E si, claro que o somos, mais non no aspecto físico: sempre hai alguns familiares, as veces remotos, que perviven en nós a través dos nosos trazos, coma se nos agasallasen cunha herdanza á que non podemos renunciar....
ENVÍANOS A RESPOSTA AO NOSO CORREO:

ou entra nas nosas contas de FACEBOOK, TUENTI OU TWITER

Ningún comentario:

Publicar un comentario