13/02/12

14 DE FEBREIRO NA BIBLIOTEGRA


OS CLÁSICOS E A LITERATURA XUVENIL UNIDOS NA SÚA OLLADA SOBRE O AMOR

ACHÉGATE Á BIBLIOTEGRA E LERÁS

     Como curiosidade sobre o 14 de febreiro,
a HISTORIA DE SAN VALENTÍN
Existen diversas teorías para esta data como a orixe do Día dos Namorados.
Algúns cren que é unha festa cristianizada do paganismo, xa que na antigua Roma realizábase a adoración ao deus do amor, de nome grego Eros e a quen os romanos chamaban Cupido. Nesta celebración pedíanse os favores do deus a través de regalos ou ofrendas para conseguir así o namorado ideal.
Tamén, e fai moitos séculos, foi tradicional en Inglaterra a "festa dos valentinus", onde se elixían a homes e a mulleres para que formaran parella.
Outras fontes centran a orixen da historia de San Valentín na Roma do S.III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste periodo tamén se prohibía o matrimonio entre os soldados xa que se cría que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla que os homes casados porque no estaban emocionalmente ligados ás súas familias.
Nestas circunstancias surxe a figura de San Valentín, un sacerdote cristiano que ante tal inxusticia decide casar ás parellas baixo o ritual cristiano a escondidas dos ollos romanos.
Valentín adquire gran prestixio en toda a cidade e foi chamado polo emperador Claudio II para coñecelo. O sacerdote aproveita aquela visita para facer propaganda da relixión cristiana e convencer ao emperador para que siga os pasos de Xesús, pero o propio Gobernador de Roma o obligaron a desistir e organizaron unha campaña en contra de Valentín, mesmo foi procesado.
A misión de condenar ao sacerdote foi a cargo do lugarteniente, Asterius. Este, cando estivo ante o sacerdote,  burlouse da relixión cristiana e quixo por a proba a Valentín. Preguntóulle se sería quen de devolver a vista a unha das súas fillas que era cega de nacimento. O sacerdote aceptou fixo o milagre. O lugarteniente e toda a súa familia convertéronse ao cristianismo pero non puideron librar a Valentín do seu martirio. San Valentín foi executado un 14 de febreiro.
Mentras estivo encerrado, o seu carceleiro pediulle que lle dera clases á súa filla Julia, coas horas xuntos, Valentín namorouse da muchacha. A víspera da súa execución, envioulle unha nota de despedida á rapaza na que firmou coas verbas "do teu Valentín".
O corpo de San Valentín consérvase actualmente na Basílica do seu mesmo nome que está situada na cidade italiana de Terni.

Ningún comentario:

Publicar un comentario