A CHAVE DA ATLÁNTIDA
de Anxo Fariña
PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2011
A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.
Anxo Fariña (Vigo, 1977) é licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Destacan as súas coleccións: «Os Megatoxos», «Don Quixote e Breogán», «Antón e Pompón», «Os Pelelliños», «A monstroescola»... Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en novidosas campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! Recentemente publicou a novela Os megatoxos e a cara oculta da Lúa (2011), o cuarto volume desta serie que será publicada na súa totalidade por Xerais. En 2011 Anxo Fariña acada o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra A chave da Atlántida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario