07/03/13

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.


A BIBLIOTEGRA DO MIÑO OFRECE UNHA SELECCIÓN 


DE LITERATURA EN FEMININO DALGUNHAS DA 

MULLERES RELEVANTES DA LITERATURA UNIVERSAL.



ACHÉGATE E LERÁS...

Ningún comentario:

Publicar un comentario