EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA SOBRE CASTELAO
O Pobre Tolo, un cómic sobre Castelao.
Chega este interesante cómic sobre a vida de Castelao de Inacio e Iván Suárez: Castelao. O pobre tolo. Nesta entrega retrátase o autor de Sempre en Galiza durante o seu desterro en Badaxoz. O feito relevante da súa lectura da obra O pobre tolo,
de
Teixeira de Pascoaes, dá título a esta entrega que fai que agardemos
impacientes polas demais. Unha aproximación ao noso autor máis relevante
que nos axuda a coñecelo mellor, sabendo do seu sufrimento en terras
alleas e da súa proximidade a todos os galegos que por alí andaban.
Ningún comentario:
Publicar un comentario