ACHÉGATE E LERÁS…
A BIBLIOTEGRA OFRECE ALGUNHAS SUXESTIÓNS PARA LER ESTES DÍAS...
HISTORIA DE SAN VALENTÍN
Existen
diversas teorías para esta data como a orixe do Día dos Namorados.
Algúns
cren que é unha festa cristianizada do paganismo, xa que na antigua Roma
realizábase a adoración ao deus do amor, de nome griego Eros e a quen os romanos
chamaban Cupido. Nesta celebración pedíanse os favores do deus a través de
regalos ou ofrendas para conseguir así o namorado ideal.
Tamén,
e hai moitos séculos, foi tradicional en Inglaterra a "festa dos
valentinus", onde se elixían a homes e a mulleres para que formaran
parella.
Outras
fontes centran a orixen da historia de San Valentín na Roma do S.III, época na
que o cristianismo era perseguido. Neste periodo tamén se prohibía o matrimonio
entre os soldados xa que se cría que os homes solteiros rendían máis no campo
de batalla que os homes casados porque no estaban emocionalmente ligados ás
súas familias.
Nestas
circunstancias surxe a figura de San Valentín, un sacerdote cristiano que ante
tal inxusticia decide casar ás parellas baixo o ritual cristiano a escondidas
dos ollos romanos.
Valentín
adquire gran prestixio en toda a ciudad e foi chamado polo emperador Claudio II
para coñecelo. O sacerdote aproveita aquela visita para facer propaganda da
relixión cristiana e convencer ao emperador para que siga os pasos de Xesús,
pero o propio Gobernador de Roma o obligaron a desistir e organizaron unha
campaña en contra de Valentín, mesmo foi procesado.
A
misión de condenar ao sacerdote foi a cargo do lugarteniente, Asterius. Este,
cando estivo ante o sacerdote, burlouse
da relixión cristiana e quixo por a proba a Valentín. Preguntóulle se sería
quen de devolver a vista a unha das súas fillas que era cega de nacimento. O
sacerdote aceptou e fixo o milagre. O lugarteniente e toda a súa familia
convertéronse ao cristianismo pero non puideron librar a Valentín do seu
martirio. San Valentín foi executado un 14 de febreiro.
Mentras
estivo encerrado, o seu carceleiro pediulle que lle dera clases á súa filla
Julia, coas horas xuntos, Valentín namorouse da rapaza. A víspera da súa
execución, envioulle unha nota de despedida á rapaza na que firmou coas verbas
"do teu Valentín".
O
corpo de San Valentín consérvase actualmente na Basílica do seu mesmo nome que
está situada na cidade italiana de Terni, cidade que está presente no noso instituto co alumnado de intercambio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario