Concurso de creación de banda deseñada do IES Perdouro de Burela, certame que se enmarca nos VI Encontros de BD na Mariña que se inaugura este luns 28 de marzo.
O prazo da presentación dos traballos remata o 4 de maio do 2014.
Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:
- Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais que non publicasen nunca obra nin en álbums nin en revistas e que non gañasen en anos anteriores.
- Categoría escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.
- Categoría escolar para alumnado ata 14 anos.
Bases:
- O tema será libre cos textos en galego.
- Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, sempre que sexan orixinais.
- Unha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro.
- A técnica é libre.
- Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
Calquera información sobre os VIos Encontros de BD na Mariña, encontrárase no blog http://bandadesexada.blogspot.com.es/
Ademais poden seguilos polas redes sociais: Twitter e Facebook.
Ningún comentario:
Publicar un comentario