Falece aos 88 anos a escritora Mª do Carme Kruckenberg, referente das letras galegas
| Novamente terei que procurar a intuición que perdín, na figura estremecida do corazón.
A palabra cancelada no silencio
quedouse sen resposta
na nacente cegueira transitoria...
A palabra é un fío efímero
cando rompe o troquel da loita
onde descansan os coitelos do imposible.
Pregunto:
¿Como arrancar os arames
que levo desde sempre
atenazándome a caricia?
Pregunto:
¿Que fago deste peito
que se perde, por non saber aínda
o seu camiño?
|

Ningún comentario:
Publicar un comentario