Un sopro de aire por Rosalía.
Xa nin rencor nin desprezo,
xa nin temor de mudanzas;
tan só unha sede..., unha sede
dun non sei qué, que me mata.
Ríos da vida, onde estades?
Aire!, que o aire me falta.
-Que ves nese fondo escuro?
Que ves que tembras e calas?
-Non vexo! miro, cal mira
un cego a luz do sol crara.
E vou caer alí en donde
nunca o que cai se levanta
O día 24 pasade pola Bibliotegra para levar libros e levaredes tamén un pequeno agasallo, un "ex libris".
Tedes un enlace aquí para escoitar un dos poemas musicados de Rosalía


Ningún comentario:
Publicar un comentario