O próximo día 20 de novembro é, oficialmente e segundo a Organización das Nacións Unidas, o Día Mundial da Infancia. Para conmemorarmos esta data, este día de reivindicación dos dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo, na Biblioteca do IES A Sangriña organizaremos as seguintes actividades centrándonos especialmente na situación dos refuxiados e refuxiadas que, en todo o mundo, foxen de situacións de guerra na procura dun porvir e dun lugar en que viviren con dignidade.
Así, na nosa biblioteca realizaremos as seguintes actividades o xoves día 18 de novembro entre as 09:10 e as 10:00 horas cos grupos de 3ºA; 3ºB e 3ºC:
-Proxección sobre a situación dos e das refuxiadas co obxectivo de sensibilizarnos sobre a delicada realidade en que están a vivir.
-Realización de murais individuais coa palabra Refuxiados en diferentes linguas, nos que poremos tamén as siluetas das nosas mans como reivindicación da paz no mundo. Ademais, penduraremos cada un e cada unha de nós unha foto nosa con esta mensaxe nas redes sociais, co obxectivo de que se torne unha campaña viral no noso instituto.
Feliz Día Mundial da Infancia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario