A Biblioteca do IES A Sangriña estivo presente os pasados 18 e 19 de novembro na VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia a través das profesoras Gisela González e Isabel Rodríguez, do Departamento de Lingua Castelá e María José Carneiro, do Departamento de Latín e Grego.
Foron días intensos de traballo e reflexión sobre as funcións das bibliotecas nos centros educativos como ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidades do século XXI e no contexto galego.
Podedes consultar a información destas xornadas na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20547

Ningún comentario:
Publicar un comentario