05/12/16

Actividade de animación á lectura en colaboración entre os CEIP e o IES A Sangriña!


O próximo venres terá lugar no IES A Sangriña a primeira actividade neste curso de colaboración entre alumnado do noso instituto e os rapaces e rapazas do CEIP A Sangriña.

Esta primeira actividade consistirá na lectura dun conto, co obxectivo de animar a todas e todos a adquirir o gusto pola lectura e o conseguinte obradoiro, baixo o título As tesoiras de Matisse. O taller cordinarao a profesora de Educación Plástica Beatriz Núñez, e tamén Isabel Rodríguez, do Departamento de Lingua Castelá.

O alumnado participante nesta actividade será o de 1º da ESO B e C, xunto cos cativos e cativas de 3, 4 e 5 anos do CEIP A Sangriña, en horario de 09:10 a 10:00 horas. O alumnado da Sangriña baixará neste venres á entrada do instituto buscar os nenos e nenas do CEIP e, xuntos/as, subirán á biblioteca, onde terá lugar a actividade. 

Este primeiro obradoiro non acabará aquí, durante os meses de xaneiro e febreiro continuará coa Semana dos Contos, en que desta volta os nosos estudantes, xunto con profesorado dos diferentes departamentos,
acudirán á escola para leren contos aos máis pequenos. Esta semana de contos enmarcarase no proxecto xa existente no CEIP A Sangriña a través do cal os e as estudantes están coñecendo as culturas de diferentes países do mundo como Brasil, Portugal, China, Cuba ou Groenlandia, entre moitos outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario