12/12/16

O Nadal chegou á biblioteca!

Hai uns días o Nadal chegou á nosa biblioteca. Aínda que polo tempo non o pareza, estamos xa en decembro, e as festas de celebración do final do ano están xa a caer. Estas datas piden sofá, mantiña, estar en familia, unha boa enchenta, un bo filme e, por que non, unha boa lectura! E diso non nos esquecemos na biblioteca do IES A Sangriña: a partir da próxima semana teredes unha selección de libros nunha morea de linguas e organizados en diferentes categorías para que poidades escoller o que máis vos guste para levar nas festas natalicias.

Pero iso non será até de aquí a uns días, xa vos informaremos! De momento, tedes xa a nosa fermosa árbore feita por libros e enfeitada con adobíos elaborados polos rapaces e rapazas do CEIP A Sangriña para que vos alegre un pouco a vista nestes tempos de exames finais (nunca tanto alumnado hai na Biblioteca como nestas datas de final de trimestre!). Moita sorte a todas e todos, e moi Bo Nadal!





Ningún comentario:

Publicar un comentario