19/12/16

Xa sabes que vas ler no Nadal? Aquí tes as nosas propostas!

Xa podedes ver no taboleiro que está nas escaleiras que soben enfronte á sala de profesores as nosas propostas de lecturas para este Nadal. Organizámolas, como poderedes comprobar, por temáticas: para quen quere vivir aventuras e viaxar noutras épocas; para quen quere pasar medo e resolver misterios; e para quen se preocupa polos temas sociais.

Nestas suxestións poderedes atopar libros en lingua galega, en lingua castelá, en portugués, inglés, francés... e todos os libros que propomos están á vosa disponibilidade na Biblioteca da Sangriña!

O máis interesante das nosas propostas, é que non vos damos unicamente o título e o autor/a da obra. Podedes consultar, de cada un dos libros, tamén a súa sinopse, o argumento, retirando as frechas que se agochan detrás de cada unha das portadas dos libros.

Non perdas o tempo e vén correndo escoller o libro que máis che guste!



Ningún comentario:

Publicar un comentario