O comezo deste curso deixounos unha nova desagradábel no panorama poético galego. O pasado 5 de outubro faleceu en Bora (Pontevedra) o poeta Francisco Cortegoso, aos 31 anos, tras meses de loita cunha dura enfermidade. A lírica galega e universal está de loito ante a perda dunha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea. Citando o propio poeta, nun verso tan duro como representativo, sobre o meu corpo adolescente esténdese o holocausto. A casualidade quixo que, no mesmo día que nos abandonou, saíse do prelo o seu segundo e derradeiro libro, Suicidas, na editorial Chan de Pólvora.
A mellor homenaxe que lle podemos facer desde a biblioteca do IES A Sangriña é adquirir os seus dous libros, Memorial e danza e o propio Suicidas que, nas próximas semanas, estarán xa nos nosos andeis para o goce de todo o profesorado e alumnado do instituto. Ademais, anunciaremos novas actividades arredor da obra de Francisco Cortegoso, a nosa particular lembranza e posta en valor da súa obra e a de toda a poesía galega contemporánea, que goza hoxe de máis forza e calidade ca nunca. Cómpre lembrar que, no ano 2015, o poeta de Rianxo Gonzalo Hermo gañou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández co seu poemario Celebración. A poesía galega é hoxe un referente na lírica peninsular e universal.
En días de inverno, o ar calmo,
con gratitude ofrece instantes de vida
sentada na soleira que da súa casa para o sur
se estende.
En igual grao presta
unha actitude a falar de como
as súas pernas curtas, grosas e apertadas
en medias de algodón e unhas botas pretas,
se resenten e calma cada noite coas mans
aínda que, a modo da pel que suxeita o lóbulo,
parezan desprovistas de tacto e a inmediata excitación capilar.
E o grao que amosa é desposesión.
Esquece a cor azul desde o fondo da súa ollada.
Só iso parece velar para si, a permanencia.
Continúa cun aceno do rosto
mentres os tres dedos que centran a man dereita
sinalan unha liña de sangue callado
no dorso doutro estremo.
Contra a palma debuxa xestos como un principio de escrita.
Nos finais días da estación.
Mañá vereina no mesmo lugar.
Falarame das mans, das pernas, das súas botas.
Tamén me falará do almorzo e da cea.
Falarame do seu día. Do sol que centra o seu lugar.
Sentada na cadeira co seu tempo
e o sol que vindo do ollo a ocupa
con todo o real que a estrema.

Francisco Cortegoso

Ningún comentario:
Publicar un comentario